A ACOE celebra un Venres Meigo con máis premios que nunca e descontos de ata o 70%

Inicio » Novas » A ACOE celebra un Venres Meigo con máis premios que nunca e descontos de ata o 70%

O bote de 500 euros eleva a 1.000 o valor dos premios do concurso “Serás capaz de gastalo?”

A Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) celebrará o próximo 24 de novembro un Venres Meigo con más premios que nunca y descontos de ata o 70%. Confirmouno onte o presidente do colectivo, Alfredo González, avanzando algunhas das novidades de esta ambiciosa campaña, “moito máis espectacular” que nas dúas exitosas edicións anteriores. Conscientes de que se trata dunha campaña cada vez máis exitosa no ámbito mundial que veu a relevar o vello tirón das antigas rebaixas, os directivos da ACOE pediron por primeira vez unha contribución de 20 euros extra ós comerciantes para reforzar a campaña e, así, “responder ós ataques” dos centros comerciais. Coas cotas de 15 euros al mes de tódolos socios, explica González, apenas cubre o 30% dos gastos da ACOE. O 70% restante afrontase con cargo ás subvenciones do Concello e Xunta e a base de “moito traballo”.

Aínda que a petición deses 20 euros adicionais xenerou certa controversia en algúns asociados, ata o momento xa se comprometeron cunha medida 44 comerciantes. Os que aínda o estean pensando teñen de prazo ata dentro dunha semana para sumarse. Se o fan, terán máis posibilidades de resultar beneficiados pola particular versión da ACOE do Black Friday.

Máis alá do inxente volume de público que atrae o Venres Meigo á vila -multiplicando as posibilidades de facer negocio de tódolos establecementos radicados no casco urbán, estean ou non asociados á ACOE- os comercios asociados que se impliquen no Venres Meigo optarán a participar no concurso “Serás capaz de gastalo?” e un dos seus clientes podería resultar agraciado cunha PlayStation 4 Pro e unha Smart TV de 48 polgadas que se sortearán o final da tarde entre tódolos tíckets de compra dos establecementos adheridos o Venres Meigo que os depositen nunha jaima.

O Venres Meigo celebrarase pola tarde, de 16.30 a 22.00 horas. González insiste na conveniencia de respetar os horarios para que esta campaña siga tendo impacto. Os descontos de días premios ou do seguinte, que lle consta que fará algún comerciante, son contraproducentes, opina. “Matas las campañas“, asegura, convencido de que si se respetan os horarios viviranse “5 horas de vender a tope“, incluso máis que en Navidad como xa sucedeu o pasado ano.

Os comercios participantes deberán ofrecer parte de seus produtos cun desconto mínimo do 20% pero a González cónstalle que haberá algúns con rebaixas de ata o 70%. Outros establecementos optarán por diversos porcentaxes de desconto, que pode ser do 10% en casos concretos de produtos con un ínfimo marxe de ganancia. O pasado ano, recorda o presidente da ACOE, nas tendas de roupa que ofreceron rebaixas de ata o 50% “chegaba a cola á porta”.

 

Fonte: Faro de Vigo

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR