A Estrada disfruta da volta ao cole

Inicio » Novas » A Estrada disfruta da volta ao cole

La Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE) apostou unha vez máis por sacar a rúa ós veciños do municipio e volveuno a conseguir. A pesar de que o día non acompañou e da patente ameaza de chuvia foron moitos os estradenses que se animaron a participar na xornada lúdica organizada polo comercio con motivo da volta ás aulas dos escolares.

O programa preparado para a ocasión foi similar as edicións anteriores, aínda que con algunha novidade. Unha delas foi que a sesión estivo amenizada polo espectáculo de música infantil Brinca Vai, de Paco Nogueira e David Pintor. Eles foron os encargados de dar o pistoletazo de saída para unha festa na que os xogos foron os grandes protagonistas.

Unha hora despois do inicio da festa organizada polo comercio estradense na praza do Concello abríronse os inchables, que enchéronse rápidamente de nenos. Para poder subir todos eles debían presentar as tarxetas que os establecementos asociados a ACOE estuveron repartindo nos últimos días. Estas tarxetas eran similares as de anteriores campañas promocionais realizadas na vila, con oito casillas na parte traseira que permitían que os nenos  subisen outras tantas ocasións as atraccións.

A última das actividades previstas pola organización da Volta ao Cole era unha festa da espuma.

Fonte: Faro de Vigo

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR