ACOE participa nos DÍAS AZUIS

Inicio » Novas » ACOE participa nos DÍAS AZUIS

A campaña Días Azuis é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

Esta Campaña celebrarase entre o 16 e o 30 de xuño de 2017 e nela poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas.

Qué podes gañar ?

Sortearanse 16.000 euros en premios que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2017. Distribuidos en:

  • 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros.
  • 20 tarxetas de 300 euros.
  • 40 tarxetas de 150 euros.

Cómo participar ?

Os clientes poden participar de 3 maneiras diferentes:

  • Enviar un SMS co texto “DIASAZUIS- NOME E APELIDOS” ó 981 099 093 (coste do SMS segundo a tarifa contratada co seu operador).
  • Rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com .
  • Ou coa colaboración do comerciante, xa que se rexistra directamente a operación de compra dos clientes. Deste xeito, o consumidor duplica a participación para o sorteo.

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR