Potenciar o atractivo das zonas comerciais tradicionais, supón poder garantir unha maior liberdade de elección por parte da poboación á hora de seleccionar o seu lugar de compra, fomentar a competencia entre iguais, e evitar situacións predominantes a favor das grandes superficies comerciais do extrarradio, é por iso que en 1998 fórmase a Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE).

A Asociación de Comerciantes de A Estrada, xorde dunha serie de inquedanzas e posta en común dun grupo de comerciantes da nosa Vila, a prol de conquerir un comercio mellor organizado e máis competitivo, ante a implantación dunha serie de grandes superficies moi preto de nós.

Destas inquedanzas, no ano 1998, os comerciantes atopamos o xérmolo do que actualmente representa esta asociación. A día de hoxe, esta iniciativa engloba aos sectores máis representativos do comercio do noso pobo, a fin de organizar e reorganizar o comercio existente.

Esta asociación conta á data, cun Centro Comercial Aberto que xorde no ano 2003, a raíz da elaboración dun estudo de viabilidade promovido polo Sector Comercial Retallista de Galicia.

A través do Centro Comercial Aberto, tratamos de darlle ó comercio de proximidade a importancia que ten, tratando de fomentar a igualdade no acceso á oferta comercial, evitando desprazamentos (evitando emisións de CO2), e facendo a nosa Vila máis sociable e atractiva.A calidade e competitividade, son características indispensables nos albores deste século XXI e para conquerílas é necesario realizar un esforzo común.

Debemos ser conscientes e afrontar os retos do mercado actual, partindo dunha visión consensuada que entre todos nos encargamos de redefinir.

As estratexias colectivas son as que nos van a permitir competir e acadar novas cotas de mercado e rendemento.

Sin-título-1