Campaña de Nadal 2015 de ACOE

Campaña de Nadal 2015 de ACOE

Este ano 2015 vamos a facer unha gran Campaña de Nadal na que haberá todo tipo de actividades.


[list line=”no” style=”style2″]

  • Animación nas rúas:
    Dende o día 18 de Decembro ata o 5 de Xaneiro a Acoe, coa colaboración do Concello, levará a cabo distintos tipos de animación, tanto de mañá como de tarde.
  • Parque de Nadal:
    Do 18/12/2015 ata o 5/01/2016 ambos inclusive, o parque de nadal estará sito xunto “a casa das letras”. O Horario será de 16:30 a 21:00 horas.
    Os comercios asociados a ACOE respartiranvos uns tíckets por cada compra para particiar nun gran sorteo semanal.
  • Visita de Papa Noel e os seus Elfos:
    Visitarannos os días 21, 22 e 23 e percorrerán as rúas da Vila.
  • Foto cos Reis Magos e Buzón Real:
    O Luns 4 de Xaneiro na sala de ABANCA, poderánselle entregar as cartas os Reis magos persoalmente e ademais, presentando un tícket de compra dun establecemento asociado, poderedes sacar unha foto gratis cos reis magos !!
    Tódalas cartas recibidas no buzón real entrarán nun sorteo no que ao neno da carta elixida a ACOE entregaralle un agasallo.
  • Carroza ACOE:
    O 5 de Xaneiro na Cabalgata de Reis, ACOE, participará cunha Carroza. Ademais, haberá un Photocall cos personaxes infantís da carroza.
  • Divercine Nadal:
    Os comercios asociados a ACOE respartiranvos uns tickets de entrada gratis cambio dunha compra.
  • E un gran sorteo semanal donde poderedes gañar ata 100 € cada semana !! Para máis información aquí vos deixamos o enlace ao evento https://www.facebook.com/events/635302613276845

[/list]


ACOE DESEXALLES BO NADAL