Campaña de Nadal 2016 de ACOE

Inicio » Campañas » Campaña de Nadal 2016 de ACOE

Xa está rematando este ano 2016 pero antes imos facer unha gran Campaña de Nadal na que haberá todo tipo de actividades.

A partir do día 17 de decembro ata o 8 de xaneiro a Acoe, coa colaboración do Concello, levará a cabo distintos tipos de animación, tanto de mañá como de tarde.

  • Dinamización nas rúas:
    Dende o día 17 de Decembro ata o 5 de Xaneiro a Acoe, coa colaboración do Concello, levará a cabo distintos tipos de animación, tanto de mañá como de tarde.
  • Parque de Nadal:
    O Sábado 17 e Domingo 18, inauguración do parque de Nadal, sito na zona da Baiuca. O Horario será a de 16:30 a 20:00 horas. Repartirémosvos uns tickets para entregar os vosos clientes cando merquen, lembrade selar os tickets (podedes solicitar máis en caso de que os necesitedes).
  • Visita de Papa Noel e os seus Elfos:
    Visitarannos os días 22 e 23 pola mañá e pola tarde, e percorrerán as rúas da Vila, agasallando con caramelos e globos.
  • Mascotas ACOE
    24 de decembro coa carroza de Papá Noel. 26 e 31 de decembro polas rúas do pobo a partir das 17:30h ata 20:30h. 5 de xaneiro coa Cabalgata dos Reis Magos, acompañada dunha carroza da ACOE, a partir das 18:00h.
  • Foto cos Reis Magos e Buzón Real:
    O mércores 4 de Xaneiro na sala de ABANCA, poderánselle entregar as cartas os Reis magos persoalmente e ademais, presentando un tícket de compra dun establecemento asociado, poderán sacar unha foto gratis cos reis magos. Tódalas cartas recibidas no buzón real entrarán nun sorteo.
  • Carroza ACOE:
    O 5 de Xaneiro na Cabalgata de Reis, ACOE, representando o comercio asociado, participará cunha Carroza, onde irán tamén as Mascotas da ACOE, Plusiña, Racoe e Estradin.
  • Sorteo SorteACOE
    E un gran sorteo semanal donde poderedes gañar ata 100 € cada semana !! Para máis información aquí vos deixamos o enlace ao evento
  • Concurso de Escaparates dos comercios asociados.
    Vota o escaparate que máis che guste e deposita o teu voto na oficina de ACOE, dende o luns 19 ata o venres 30 de decembro (ambos incluidos), en horario de 9:00-14:00 e de 16:00-19:30 horas. Podes gañar un gran premio.

ACOE DESEXALLES BO NADAL

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR