Campaña de Nadal 2017 de ACOE

Campaña de Nadal 2017 de ACOE
Xa estamos de novo en fechas de Nadal e, como todos os anos, faremos unha gran Campaña de Nadal na que haberá todo tipo de actividades.

[list line=”no” style=”style2″]

  • PARQUE DE NADAL
    Do 22 de decembro o 08 de Xaneiro – situarase na carballeira da feira
    *O Venres 22 de 17 a 20 h. farase unha INAUGURACIÓN SOLIDARIA. Nese día poderase acceder a dúas atraccións doando 1kg. de alimentos non perecedoiros. (O recadado entregaráselle a Cáritas).
    A partires do día 23 o horario do parque será de 16:30 a 20:30h e cada atracción terá un custo de 2€. Coas vosas compras nos comercios asociados, repartiranvos uns tíckets de desconto por valor de 1 € para tódalas atraccións.
  • MÚSICA NAVIDEÑA NAS RÚAS
    Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para animar as compras durante toda a temporada de nadal.
  • CONCURSO DE ESCAPARATES
    A través da paxina web da ACOE haberá unha enquisa para elixir o mellor escaparate de nadal. O gañador recibirá un diploma acreditativo e unha cesta de nadal.
  • NOVA MASCOTA DA ACOE
    Debido a boa acollida polos máis pequenos das mascotas da ACOE neste nadal presentaremos unha nova mascota. Por medio das redes sociais poderase suxerir un nome e entre todos eles a directiva da Asociación os valorará e escollerá o que considere máis apropiado. Estade atentos nas nosas redes para estar informados.
  • DINAMIZACIÓN NAS RÚAS
    Dende o día 22 de Decembro ata o 5 de Xaneiro a ACOE, coa colaboración do Concello, levará a cabo distintos tipos de animación nas rúas, tanto de mañá como de tarde. Cando se acerquen as fechas iremos publicando en redes sociais as diferentes actividades.
  • MASCOTAS ACOE
    Durante os días 24, 31 e 5 de Xaneiro sacaremos as rúas as mascotas da ACOE as cales estarán agasallando con caramelos e globos a tódolos nenos. Atoparédelas:
    – O 24 de Decembro na carroza de Papá Noel.
    – O 31 de Decembro paseando polas rúas.
    – O 5 de xaneiro na carroza da ACOE da Cabalgata dos Reis Magos.
  • CARROZA ACOE
    O 5 de Xaneiro na Cabalgata de Reis, ACOE, representando o comercio asociado, participará cunha Carroza onde irán tamén as Mascotas da ACOE: Plusiña, Racoe e Estradin. Este ano a temática da carroza será “Alicia no País das Marabillas”.
  • FOTO COS REIS MAGOS E BUZÓN REAL
    O mércores 3 de Xaneiro teremos os Reis Magos na sala de ABANCA para que tódolos nenos poidan entregar a súa carta no Buzón Real. Ademais, presentando un tícket de compra dun establecemento asociado sacaráselle unha foto cos reis magos a cal poderán recoller gratuitamente en Puri Areán Estudio Fotográfico.
    Tamén, entre tódalas cartas recibidas no buzón real entrarán nun sorteo no que o neno agraciado levará un agasallo da ACOE.
    Os reis magos estarán en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas.
  • SORTEO ESPECIAL SORTEACOE.
    Como anos anteriores, faranse os sorteos especiais SorteACOE entre os comercios participantes no mesmo mediante aportación adicional.
    A dinámica dos mesmos e a seguinte: Os comercios participantes disporán de papeletas de participación para entregarvos coas vosas compras dende o Martes 19 de Decembro.
    Despois, faranse durante 3 semanas 1 sorteo de cartos según o recadado entre os participantes e a aportación da ACOE. Estes premios só se poderán gastar nos comercios participantes.
[/list]
 
 

ACOE DESEXALLES BO NADAL