Campaña de Nadal 2018 de ACOE

Campaña de Nadal 2018 de ACOE
Xa estamos de celebración de Nadal e, como todos os anos, faremos unha gran Campaña de Nadal na que haberá todo tipo de actividades.

[list line=”no” style=”style2″]

  • MÚSICA NAVIDEÑA NAS RÚAS
    Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para animar as compras durante toda a temporada de nadal.
  • DINAMIZACIÓN NAS RÚAS
    Dende o día 22 de Decembro ata o 5 de Xaneiro a ACOE, coa colaboración do Concello, levará a cabo distintos tipos de animación nas rúas, tanto de mañá como de tarde. Cando se acerquen as fechas iremos publicando en redes sociais as diferentes actividades.
  • MASCOTAS ACOE
    Durante os días 24, 31 e 5 de Xaneiro sacaremos as rúas as mascotas da ACOE as cales estarán agasallando con caramelos e globos a tódolos nenos.
  • CARROZA ACOE
    O 5 de Xaneiro na Cabalgata de Reis, ACOE, representando o comercio asociado, participará cunha Carroza onde irán tamén as Mascotas da ACOE.
  • FOTO COS REIS MAGOS E BUZÓN REAL
    O 3 de Xaneiro teremos os Reis Magos na sala de ABANCA para que tódolos nenos poidan entregar a súa carta no Buzón Real. Ademais, presentando un tícket de compra dun establecemento asociado sacaráselle unha foto cos reis magos a cal poderán recoller gratuitamente en Puri Areán Estudio Fotográfico.
    Tamén, entre tódalas cartas recibidas no buzón real entrarán nun sorteo no que o neno agraciado levará un agasallo da ACOE.
  • SORTEO ESPECIAL SORTEACOE.
    Como anos anteriores, faranse os sorteos especiais SorteACOE entre os comercios participantes no mesmo mediante aportación adicional.
    A dinámica dos mesmos e a seguinte: Os comercios participantes disporán de papeletas de participación para entregarvos coas vosas compras dende o 19 de Decembro.
    Despois, faranse durante 3 semanas 1 sorteo de cartos según o recadado entre os participantes e a aportación da ACOE. Estes premios só se poderán gastar nos comercios participantes.
[/list]
 
 

ACOE DESEXALLES BO NADAL