Campaña de Nadal 2019 de ACOE

Inicio » Campañas » Campaña de Nadal 2019 de ACOE
🎅🎅 NADAL!! XA CHEGOU O NADAL!!
Como todos os anos, faremos unha gran Campaña de Nadal na que haberá todo tipo de actividades.

  • PISTA DE XEO NATURAL
    En colaboración co concello, montarase unha pista de xeo dende o 20 de decembro ata o 7 de xaneiro na Praza do Concello. Terá un custo de 5€ pero polas vosas compras nos comercios asociados, repartiranvos uns tíckets de desconto por valor de 2€.
    O horario da pista será tódolos días de 12 a 14 h. e de 17:30 a 22 horas excepto:
    • Os días 24, 31 e 5 só pola mañan
    • Os días 20, 25, 1 e 6 só pola tarde
    • Sesión Disco | 28 de decembro e 4 de xaneiro as 21 h.
  • MÚSICA NAVIDEÑA NAS RÚAS
    Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para animar as compras durante toda a temporada de nadal.
  • CONCURSO DE ESCAPARATES
    A través da paxina web da ACOE haberá unha enquisa para elixir o mellor escaparate de nadal.
  • DINAMIZACIÓN NAS RÚAS
    Dende o día 20 de Decembro ata o 5 de Xaneiro teremos distintos tipos de animación nas rúas, tanto de mañá como de tarde. Cando se acerquen as fechas iremos publicando en redes sociais as diferentes actividades.
  • MASCOTAS ACOE
    Durante os días 20, 24, 26 de decembro e os días 3 e 5 de Xaneiro estarán nas rúas as mascotas da ACOE as cales estarán agasallando con caramelos e globos a tódolos nenos. Atoparédelas:
    – O día 20 de decembro na cabalgata de Papá Noel
    – O día 5 de xaneiro na cabalgata dos Reis Magos.
  • DIVERCINE
    Os días 31 de decembro, 2 e 3 de xaneiro ás 12.00 horas teremos películas para público infantil por tan só 1€!!
  • SORTEO ESPECIAL SORTEACOE.
    Como anos anteriores, faranse os sorteos especiais SorteACOE entre os comercios participantes no mesmo mediante aportación adicional.
    A dinámica dos mesmos e a seguinte: Os comercios participantes disporán de papeletas de participación para entregarvos coas vosas compras dende o Martes 19 de Decembro.
    Despois, faranse durante 3 semanas 1 sorteo de cartos según o recadado entre os participantes e a aportación da ACOE. Estes premios só se poderán gastar nos comercios participantes.

    BASES DO CONCURSO
 
 

ACOE DESEXALLES BO NADAL

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies