Campaña Venres Meigo 2017 de ACOE

Campaña Venres Meigo 2017 de ACOE

Campaña Venres Meigo 2017

Este ano 2017 repetimos a gran Campaña o 24 de novembro.. Venres Meigo !!

Encontraremos varias actividades na campaña, pero entre todas as resaltan os descontos que farán os comercios participantes e asociados a ACOE.

Dende un 20 % de desconto nos seus produtos seleccionados !!!

Tamén faremos un sorteo no que participarán todos os que teñan a tarxeta de puntos AEstradaPlus. O gañador dispoñerá de 1.000,00 € para gastar en 15 comercios seleccionados de forma aleatoria.

O concursante se consigue gastar os 1.000€ xustos, levará as compras realizadas durante dito concurso.

Podedes ver as bases do concurso no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO

Sorteo de Play 4 Pro e Smart TV 48″

Non tiredes os tíckets da vosa compra no Venres Meigo, xa que poderás participar nun sorteo dunha Play Station 4 Pro e dunha Smart TV de 48″.

  • Como participar no sorteo? Todas as compras que realizades nos establecementos participantes na campaña, o propio tícket de compra cos datos( nome e apelidos e un nº de telefono de contacto), escrito por detrás servirá para participar, terás que depositalo na urna que a ACOE terá a disposición nunha jaima na rúa Calvo Sotelo.

Por cada compra os comercios repartiranvos uns tíckets que se poderán canxear por un chocolate de balde e un vale por unha Maquillaxe Meiga e tamén de Caña e Tapa Meiga por só 2€, poderedes desfrutar de 17:00 a 23:00 horas nos seguintes establecementos:

  • Cafetería Acapulco
  • Mesón da Estrada
  • Come, bebe e cala
  • Cervexería Eureka
  • Café – Bar Bairon

Haberá un pasarrúas a partir das 18:30h coa colaboración de Sondodance, Absolute Centro Wellnes e Priscilla Dance. Poderedes velo dende a porta do sol, finalizando na praza do Concello.

Para os comerciantes participantes deixámosvos aquí o deseño dos carteis especiais para colocar os descontos nas vosas tendas, solamente tendes poñer desconto ou prezo desexado:

Descargar Etiquetas Desconto

Descargar Etiquetas Prezo


Descargar Cartel Desconto Tamaño Folio

Descargar Cartel Prezo Tamaño Folio