Campaña Volta ao Cole de ACOE 2018

Inicio » Campañas » Campaña Volta ao Cole de ACOE 2018

Chega a volta ao cole !!

Outro ano máis vamos a facer unha gran Campaña da Volta ao Cole na que preparamos unha festa infantil que se celebrará o este venres día 14 de setembro a partires das 17:00 horas.

Podedes desfrutar de:

  • Inchables para os máis pequenos. Estarán dispoñibles na Praza do Concello.
  • As Mascotas de ACOE repartirán por toda a vila caramelos e globos para os nenos e nenas.
  • De 19:00 a 20:00 horas terá lugar o espectáculo “Cocer e Cantar” de Seisdedos na Praza do Mercado.
  • Ás 20:00 horas poderedes desfrutar da festa da escuma que tanto lle gustan os máis pequenos na Praza do Mercado.

Nos comercios asociados á ACOE, repartiranse gratuitamente tíckets por cada compra para poder desfrutar dos inchables.

Tamén levaremos un concurso para poñerlle nome a nova mascota de ACOE. Terás que depositar a túa papeleta na urna  no cruce de Justo Martínez con Calvo Sotelo.

Recordade tamén, que todas as vosas compras nos comercios asociados no mes de setembro poden ter premio!! Deposita unha copia do teu tícket cos teus datos e entrarás en un sorteo 1000€ en vales de compra!!

Animádevos a participar para apoiar a campaña e os comercios!

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies