Concurso Santas Tapas 2014 de ACOE

Inicio » Campañas » Concurso Santas Tapas 2014 de ACOE

Neste 2014 celebramos a terceira edición do noso concurso de tapas levado a cabo durante a Semana Santa.

Coma sempre toparedes unha gran variedade de tapas a 1 € nos locais participantes no concurso, os cales tendes no folleto de participación que vos  ofrecerán.

O concurso levarase a cabo do 16 o 20 de Abril. Durante estos días poderedes degustar as tapas tanto a mediodía coma a noite no seguinte horario:

Mañans:  12 h. a 15 h.
Noites:  20 h. a 23 h.

Para animar o concurso o venres e sabado pola noite teremos a actuación de Retrouso de Ouzande polos establecementos participantes.

Cos vosos votos elexiremos a mellor tapa de entre tódolos establecementos e, como non, para vos haberá moitos agasallos que se dividen en 2 niveis:

Os que cubran os 20 cuños participarán no sorteo de:

  • 500 €
  • O peso da persoa gañadora en cervexa Estrella Galicia.
  • Visita a bodega Dinastia Vivanco Rioxa (inclúe: noite de hotel, visita a bodega e comida).


Os que cubran os 5 cuños de cada un dos grupos (Grupo verde, vermello e Azul) participarán no sorteo de:

  • Unha noite nunha casa de turismo rural, pertencente á Asociación Mar de Compostela (en tempada baixa e no ano vixente. Inclue: Estancia e almorzo) e un agasallo de benvida doado por O Rincón de Katixú.
  • Cinco xoguetes doados por Tiko Doco.
  • 1 Cafeteira Tassimo e 6 caixas de cápsulas de café doado por Connecta Rey.
  • 1 Tablet de 7” doada por Zapping TV.
  • Unha visita a bodega Martín Codax no Rosal ou unha visita a bodega 4 Pasos no Bierzo.
  • 1 botellón de viño Marqués de Vitoria de 5 litros.
  • 1 Tarxeta regalo de 50 € doada por ACOE.
  • 2 Botellas de viño Ponte da Boga de 1,5 litros doadas por Estrella Galicia.

Para os grupos (minimo 5 persoas) que queiran participar enviando unha foto a info@acoe.es, mostrando que están facendo a ruta das SANTAS TAPAS, sortearase:

  • Unha caixa de sidra galega Ribela con visita o lagar.

Ademáis, tódalas persoas que participen na ruta das SANTAS TAPAS e mostren a papeleta (que teña como mínimo un cuño) terán nos Minicines Central de A Estrada, gracias a campaña  “EN A ESTRADA TEMOS CINE”, a segunda entrada para o cine GRATIS !!!

Os locais participantes no concurso son:

GRUPO VERDE

  • INVICTUS
  • OASIS
  • O CAFÉ DE XULIA
  • BEETLE
  • EUREKA
  • VALENCIAGA
  • A VILA


GRUPO VERMELLO

  • MIMELA
  • SCALA (pechado o domingo)
  • O CANDIL
  • ENREDO
  • NICOL’S
  • ANDALUCIA


GRUPO AZUL

  • ARGENTINOS
  • A BODEGUIÑA
  • LECER (pechado o domingo)
  • MANXARES
  • ACAPULCO
  • SAMANÁ
  • O LAR

Aquí atoparedes os panfletos de participación por se necesitades imprimilos vos mesmos:

PANFLETOS DE PARTICIPACIÓN

Tamen podedes consultar as bases do concurso:

BASES DO CONCURSO

Aqui tendes unha entrevista realizada a un dos establecementos participantes sobre o concurso:

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR