Consurso Santas Tapas 2016 de ACOE

Inicio » Campañas » Consurso Santas Tapas 2016 de ACOE

Neste 2016 celebramos a quinta edición do noso concurso de tapas levado a cabo durante a Semana Santa.

Este ano dispoñemos de unha apliacación gratuita Oficial das Santas Tapas para o teu móbil Android ou Apple. Dende esta aplicación poderás ver tódalas tapas do concurso, os seus ingredientes e votar cada tapa e moitas cousas máis.

QR A Estrada - Santas Tapas - Fuente YIKES y BONOBO

Enlaces de descarga:
Google Play 

APP Store

Coma sempre toparedes unha gran variedade de tapas a 1,5 € nos locais participantes no concurso, os cales tendes no folleto de participación que vos  ofrecerán.

O concurso levarase a cabo do 23 ó 27 de Marzo. Durante estos días poderedes degustar as tapas tanto a mediodía coma a noite no seguinte horario:

Mañans:  12 h. a 15 h.
Noites:  20 h. a 23 h.

Para comezar esta gran campaña este ano contaremos coa Orquesta Galilea (coa colaboración do concello de A Estrada) que fará unha gran actuación o mércores 23 ás 23:00 horas na Praza da Farola.

Para animar estes días tamén contaremos os días 23, 25 e 26 co grupo Retrouso de Ouzande que amenizará os diferentes locais participantes de forma desinteresada durante a sesión de tapeo nocturna.
O mercores 23 a noite estarán animando a ruta 1, o venres 25 a noite na ruta 2 e o Sabado 26 a noite na ruta 3.

Cos vosos votos elexiremos a mellor tapa de entre tódolos establecementos e, como non, para vos haberá moitos agasallos que se dividen en 2 niveis:

Os que cubran os 14 cuños participarán no sorteo de:

  • 1.000 €
    (Doados polos 14 hosteleiros participantes, Atlántica abogados, O Copión e ACOE)


Os que cubran os 3 cuños de cada un dos grupos (Grupo verde, vermello e Marrón) participarán no sorteo de:

  • Un 40% de desconto en gafa de sol ou graduada doado por Nova Visión Óptica.*
  • Un vale do 20% de desconto doado por Ana Belén Moda Infantil.*
  • Un vale de desconto do 20% (non acumulable a outras ofertas) doado por Regaliz Calzado.*
  • Un vale do 20% de desconto doado por Moksin.*
  • Un vale por un chaleco de punto para muller doado por Marietta Moda.
  • Unha botella de Magnum de Rioja Vivanco doada por Bar Andalucía.
  • 6 botellas de sidra doadas por Sidra Ribela.
  • 6 Botellóns doados por Grupo Codoníu.
  • 3 agasallos doados por Librería Lolimay.
  • 3 xoguetes doados por Tiko Doco.
  • Un ambientador para casa doado por La Botica de los Perfumes.
  • Vale por unha barra de pan diaria durante 1 mes doado por Panadería Cervela.
  • Dous vales de desconto de 10€ cada un e dous vales do 20% de desconto* de cada un doado por KAAU’S.
  • Un agasallo para chica e outro agasallo para chico doado por Meigallo Complementos.
  • Dúas baterías externas, dous Pendrives, dúas toallas “vivamos”, dous MP3, Unha táblet e unha cazelora. Todos estes agasallos son doados por Gadisa.
  • Unha táblet doada por Gesval.
  • Albumes de fotos doados por Emece Fotógrafos.
  • Dez tazas co Logo da ACOE doadas por Coste Cero.
  • O Copión aportou 50€ para o agasallo dos 1.000€.
  • Atlantica Abogados aportou 50€ para o agasallo dos 1.000€.
  • Presentando a papeleta do concurso Santas Tapas con alomenos un selo, terás desconto na estrada do cine Minicines Central.

*Estes descontos non son acumulables a outras ofertas que haxa no momento.

Ademáis, tódalas persoas que participen na ruta das SANTAS TAPAS e mostren a papeleta (que teña como mínimo un cuño) terán nos Minicines Central de A Estrada un gran desconto na entrada !!

Os locais participantes no concurso son:

Ruta 1

  • Bar Oasis
  • O Café de Xulia
  • Mesón da Estrada
  • Cervexería Eureka
  • Cafetería VIP


Ruta 2

  • O Candil de Silvia
  • 20 Berzas
  • Enredo
  • Churrería A Cunca
  • Velis Nolis Bistró


Ruta 3

  • Restaurante Andalucía
  • Tapería O Lar
  • Samaná
  • Xamonería A Bodeguiña

Aquí atoparedes os panfletos de participación por se necesitades imprimilos vos mesmos:

PANFLETOS DE PARTICIPACIÓN

Tamen podedes consultar as bases do concurso:

BASES DO CONCURSO

 

Os comentarios están cerrados.

Sin-título-1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR