Hoxe comenza as Santas Tapas organizada por Hostaleiros da Estrada

Hoxe comenza as Santas Tapas organizada por Hostaleiros da Estrada

Hoxe da comenzo a VIII edición das Santas Tapas do 17 ao 21 de abril a cal anos anteriores foi organizada pola ACOE e que este ano organiza a nova asociación Hostaleiros da Estrada.

Dende a ACOE colaboramos nesta edición con un premio de 1000€

O horario será, dende as 12:00 ás 15:00 horas ao mediodía e das 20:00 ás 22:30 pola noite, aínda que está na man de cada hostaleiro a posibilidade de amplialo. Comezará o día 17 pola noite e finalizará tralo mediodía do día 21. Os posibles alérxenos estarán indicados e unha ducia de establecementos ofrecerán tapas sen gluten.

Tamén manterán, como os anos anteriores, a aplicación para os votos das e tamén teredes a información das tapas, establecementos, patrocinadores e noticias. Podedes descargar a aplicación nos seguintes enlaces de descarga:
Google Play 

APP Store

 

Aquí vos deixamos as bases do concurso.

BASES DO CONCURSO

Tamén vos deixamos os folletos de participación.

FOLLETOS PARTICIPACIÓN

Desexámoslle moita sorte a nova asociación de hostaleiros e que esta campaña siga tendo a mesma repercusión como anos anteriores.