Despedida das Santas Tapas 2018 de ACOE

Despedida das Santas Tapas 2018 de ACOE

A Tortiña de Pekín con porco celta de O Candil de Silvia foi a gañadora da sétima edición do concurso estradense Santas Tapas, promovido pola Asociación de Comerciantes de A Estrada.

A tapa de aires orientais conseguiu a mellor puntuación do público nun certame no que o segundo posto foi para a cafetería Alameda polo seu Costillar de porco galego lacado con salsa de café, coiro crocante e crema de castañas.

A terceira tapa máis votada foi En dous bocados, unha orixinal combinación de pan bao, panceta de castañas, fresas e leituga ideada polos chefs do restaurante Andalucía.

Pola súa parte, o Mesón da Estrada acaparou os dous premios especiais do concurso: o premio á tapa máis votada na aplicación das Santas Tapas e o galardón á mellor presentación. Seu Tigresón, un pan de semillas con carrilleira e toque picante, enroscado imitando o mítico pastelito Tigretón, con envoltorio e todo, gañouse ó público.

O premios do concurso foron entregados nunha gala celebraba a noite pasada no Pazo de Xerlís, onde tamén recolleron seus obsequios corenta clientes das Santas Tapas premiados nos sorteos.

 

Fonte: Faro de Vigo