Dende esta sección poderán descubrir todalas vantaxes que supón ser socio da ACOE.
A Asociación de COmerciantes de a Estrada pretenser ser un referente dentro das asociacións de comerciantes mediante a búsqueda continua de vantaxes competitivas para tódolos asociados, e nesa labor centramos tódolos nosos esforzos.
Pretendemos que tódolos comercios da Estrada se animen a asociarse para poder conseguir mayor representación ante os estamentos e poder conseguir mais subvencións e acordos que nos permitan facer mais fácil o traballo dos comercios asociados e animar a tódolos conveciños a comprar na Estrada.
Para todo isto ofrecemos diversos servicios e descontos a todos os nosos socios tales como:

– Coa alta regalamos 10 tickets de 1 hora de aparcamento gratuito para regalar os clientes. Ademais, tódolos seguintes tickets que se nos soliciten, a ACOE faise cargo do 50 % do custo.

– Convenios de colaboración con diversas empresas que vos ofrecen grandes descontos – DESCÚBREOS !

– Realización de campañas de fidelización para os comercios e hostelería tales como: Concurso de tapas “Santas Tapas” e “Ponte de Tapas”, Campaña de “Volta o Cole”, Campaña de Nadal, Campaña de Rebaixas, Feira de Oportunidades, Noite de Compras, etc.

– Realización de diversas campañas de fidelización de clientes no comercio estradense a través de Redes Sociais como Facebook: Día dos Namorados, Día da Nai, Día do Pai, Volta o Cole, etc.

– Tarxeta de puntos aestradaPlus. Acumula puntos en cada compra nos comercios asociados. Ademais, temos un catálogo de regalos. (non é unha tarxeta de pago)

– Tarxetas regalo da ACOE para poder ofrecer os clientes. Poden ter calquer importe e podense canxear en calquer comercio asociado o programa aestradaPlus.

– Dispoñibilidade das oficinas da ACOE para celebrar reunións con clientes, rodas de prensa, demostracións de productos, etc.
– Asesoramento para a solucitude de axudas, formación, descontos, etc.
– Xestión de denuncias en relación a labor comercial dos asociados.