Campaña Abril Premios 1.000 de ACOE

Campaña Abril Premios 1.000 de ACOE

Mañá daremos comezo a campaña Abril Premios 1.000 que consistirá en sortear 1.000€ en vales de compra entre todas as compras que fagades no comercio asociado durante todo o mes de abril.

Por cada compra que fagades no comercio asociado dende o 01 ata o 25 de Abril, daranvos unha rifas cun número no que entraredes en sorteos semanais cos seguintes premios:

  • Luns día 11 – 3 premios de 100€
  • Luns día 18 3 premios de 100€
  • Luns día 25 2 premios de 200€

Os sorteos realizaranse o luns a primeira hora da tarde e publicaremos os números gañadores na nosa páxina web, nas nosas redes sociais, en prensa, en radio tamén poderedes contactar con ACOE para consultar as rifas premiadas.

Teredes que revisar os resultados dos sorteos para comprobar os premios xa que só se poderá reclamar o premio ata antes do seguinte sorteo ou unha semana despois do último sorteo.
Os premios que non se entreguen, sortearanse no próximo sorteo.

Aquí vos deixamos os enlaces as nosas redes sociais onde publicaremos os números gañadores:

Páxina WebFacebookInstagramTwitterLinkedin

Moita sorte a tod@s!!!

Asociación de Comerciantes de A Estrada