O comercio local de A Estrada enchese de «Agarimos» con premios para os clientes do 5 ao 30 de xuño
A Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), en colaboración coa Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello da Estrada, poñen en marcha unha nova e agarimosa campaña promocional co obxectivo de dinamizar e premiar a fidelidade de quen aposta polas compras de proximidade: «Agarimos no Comercio Local».
A iniciativa desenvolverase dende o 5 ata o 30 de xuño de 2026, un período no que mercar nos establecementos asociados de A Estrada terá premio seguro.
Como podes participar?
Participar é moi sinxelo e convirte cada unha das túas compras nunha oportunidade de gañar:
- Pide o teu Cartón de Selos: Solicítao directamente no teu comercio asociado de confianza ao realizar calquera compra.
- Reúne os teus cuños: Con cada compra que fagas, o establecemento poñerá un cuño no teu cartón. Lembra que para que o cartón sexa válido, os selos deben ser de comercios diferentes.
- Xira a ruleta dos premios: Leva teu cartón e preséntao na oficina de ACOE os días 29 e 30 de xuño. Por cada selo dun comercio diferente obterás unha tirada directa na nosa ruleta.
Horarios para trocar os teus cartóns
A ruleta da fortuna estará agardando por ti na oficina de ACOE os días 29 e 30 de xuño nos seguintes horarios:
- Mañás: De 10:00 h a 14:00 h.
- Tardes: De 16:30 h a 20:30 h.
⚠️ Importante: ¡Tódalas tiradas teñen premio! (Ata esgotar as existencias dispoñibles).
Este mes de xuño, as túas compras na Estrada devolvenche todo o cariño. Apoia ao tecido comercial da nosa vila, enche o teu cartón de agarimos e lévate fantásticos agasallos directos.
¡Porque mercar no comercio local sempre é un acerto!
Cofinanciado pola Xunta de Galicia
