Campaña de Nadal 2021 de ACOE

Campaña de Nadal 2021 de ACOE

Outro ano máis, estaremos despedindo o ano e dándolle a benvida ao próximo con un motón de actividades gracias a Campaña de Nadal!! Entre elas temos programadas as seguintes actividades:

• ???????? ????? ? ???̃? ?
Haberá 100.000 tarxetas de rasca nos que haberá máis de 4.000 premios, entre eles, televisións, altofalantes, bicicletas, maletas, entradas para o cine, caixas de produto local etc.
Os non premiados poderán participar no sorteo de 5.000€ repartidos nun vale de 1.000€ e 8 de 500€.Para participar nestes sorteos, teredes unha urna en cada comercio para poder depositar a tarxeta rasca, que terá que levar na parte traseira o nome e apelido e un número de teléfono.Os agasallos estarán expostos na Rúa Alfonso Castelao Nº1 Baixo dereita.

• ??????????? ?? ???????????́? ?
Teremos varias actividades para animar as rúas. Entre elas estará “O Apalpador”:
– Xoves día 23: 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h
– Venres día 24: de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:00hOs paxes estarán:
– Martes día 4: de 12:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h
– Mércores día 5: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

• ????? ?? ??? ❄
A pista de xeo inaugurarase o día 21 de decembro (pendente de confirmación) e estará ata o 9 de xaneiro.Os horarios serían todos os días de 11:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h excepto en noiteboa que terminaría ás 19:30h e en fin de ano ás 20:00h.O custo da entrada será de 5€ por 30 minutos. Por cada compra no comercio asociado, daranvos tíckets de desconto de 2€.
As luvas e a mascarilla serán obrigatorias.

• ????????́?? ?
Para a alameda trouxemos o Torito Vacilón e o carrusel de ponis. O prezo das atraccións será de 2€.
Por cada compra no comercio asociado, daranvos tíckets de desconto de 1€.
Ademáis estará a atracción de Pesca Patitos.

• ??????? ?? ???? ?
ACOE participará na cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro cunha carroza en representación do comercio asociado, a carroza será con temática de “Jurassic Park”.
Tamén teremos na carroza 8 mascotas e os paxes.

• ????? ???? ?
Poremos unha carpa na alameda onde estará o buzón para que os nenos poidan deixar as cartas para O Apalpador e tamén para os Reis Magos.

• ????????? ⛄
Haberá inchables decorativos xigantes do nadal na parte central da alameda. Estarán pechados pola noite por seguridade e abertos de día sen horario.

• ???????????? ?? ??????? ?
ACOE montaralle unha carpa na parte baixa da alameda a Asociación de Alfombristas de Galicia onde farán unha exposición das súas alfombras.

• ??́???? ?? ????? ??? ??́?? ?
Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para tentar animar as rúas durante toda a temporada de nadal.

• ?????? ?? ????? ?
Colocouse, en tódolos escaparates dos comercios asociados, un vinilo da campaña de nadal.

Cartel Campaña

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies