Campaña día do pai 2021 de ACOE

Campaña día do pai 2021 de ACOE

A Asociación de Comerciantes de A Estrada recuperou a campaña promocional do Día do Pai coa intención de potenciar as compras no comercio de proximidade e premiar a fidelidade da clientela.

A campaña lavarase a cabo entre o 1 e o 18 de marzo, ambos inclusive, en tódolos establecementos adheridos a Acoe. Os clientes terán que gardar tódolos tíques das compras realizadas durante ese período, xa que con eles poderán obter centos de premios na ruleta da sorte da Acoe.

A ruleta instalarase os días 12 e 18 de marzo na Praza do Concello, onde funcionará de 17.00 a 21.00 horas. No caso de mal tempo se cambiarase a localización ou ponderase o sorteo.

Os clientes da Acoe terán que acudir á praza nos días sinalados cos tíques de compra. Por cada 20 euros de compra no comercio asociado – os tíques son acumulables – os clientes terán dereito a unha tirada na ruleta. A ruleta ten las letras que conforman as siglas Acoe e, cada letra, esconde distintos agasallos. Entre os obsequios hai xogos de mesa, bolsos, cintos, cestas de produtos locais, packs de oficina, botellas de sidra ou de viño, xogos de cartas Uno, pixamas, cheques de 50 euros para consumir en supermercados, máscaras, paraugas, tíques de párking, descontos en lavado de coches, fontes, altavoces, cuncas, descontos no cine local, toallas antivaho para gafas ou libros. Tamen haberá un centenar de vales para facerse unha foto de estudio do Día do Pai nos estudos Puri Areán ou Bernabé.

Esta campaña será a primeira dunha serie que se levará a cabo ata final de ano para dinamizar o comercio local e premiar o cliente.

Fonte: La voz de Galicia

Bases do concurso