Campaña Día do Pai 2024 de ACOE

Campaña Día do Pai 2024 de ACOE

Outro ano máis queremos repartir premios entre as compras para celebrar o Día do Pai de 2024!!

Sortearemos 5 tarxetas regalo de 50€ cada un entre as vosas compras superiores a 10€ realizadas no comercio asociado.

Como participar?

Entre os luns día 4 e día 18 de marzo, teredes que enviar unha foto do tícket de compra superior a 10€ ao número 613 885 082.
(O mesmo número dos sorteos anteriores)

Información importante sobre os tíckets.

Por cada 10€ obteredes unha participación. Coma campañas anteriores, os tíckets enviados que non sexan completamente lexibles (co número de tícket, fecha, comercio e prezo) serán eliminados, polo que aconsellamos que enviedes o tícket completo.

Cando se celebran os sorteos?

Os sorteos realizarase o martes 19 de marzo.

Taller de Felicitacións.

Este ano tamén realizaremos un taller para os máis cativos da casa. Neste taller os pequenos confeccionarán tarxetas de felicitacións para os seus pais e terán axuda de monitoras.

Este taller realizarase os días 13, 14 e 15 de marzo en horario de 17:00 a 20:15 horas nas que tamén dispoñeremos de dúas actividades na que @s nen@s poderanse divertir con pintacaras e con globoflexia.

O custe do taller será de 5 €, pero presentando un tícket superior a 10 € dalgúns dos comercios asociados, a entrada quedará en 3 €.

Isto é todo que temos preparado para esta campaña así que, moita sorte a tod@s para os sorteos!!!

ACOE – Asociación de Comerciantes de A Estrada