Presentamos por primeira vez a Campaña “Venres Máxicos da ACOE” que se fará o mes de xulio. A campaña incluirá sorteos de vales de compra para trocar no comercio asociado e cinco espectáculos de rúa que animarán tódolos venres do mes de xulio.
Os sorteos celebraranse os venres 9, 23 y 30 de xulio. En cada unha desas fechas faranse un sorteo de 10 vales de compra por valor de 100 euros cada un. Entrarán no bombo tódalas rifas que se reparten nas compras realizadas en calquera dos establecementos asociados durante a semana anterior.
A animación da rúa comezará este mesmo venres, día 2. O mago ventrílocuo “Al Guella y su perrita Tana” actuarán na Praza do Concello ás 9.00 horas. O vernes 9 haberá un taller de cociña infantil na Praza do Mercado, de 18.00 a 20.00 horas. En tódalas actividades serán de acceso libre e de balde.
O gran gancho da campaña será o tobogán acuático xigante que se instalará o venres 16 de xulio. Será un tobogán de 130 metros de lonxitude, o estilo do instalado nas festas de San Paio del 2018. Funcionará de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
Estará dispoñible na rúa 56 e para gozar do tobogán será preciso xustificar compras no comercio asociado, xa que por compras superiores a 20 euros durante el mes de xulio daranse uns vales.
A maiores, o venres 23 ás 19.00 horas haberá un espectáculo de títeres na Praza do Mercado e o venres 30 una sesión de contacontos ás 19.00 horas na rúa Ulla. A entrada a ambas funciones será libre e de balde.