Campaña Venres Meigo 2019 de ACOE

Campaña Venres Meigo 2019 de ACOE

Venres Meigo 2019

Chegou novembro.. chegou o Venres Meigo!!

O venres 29 de novembro celebrarase unha das grandes campañas de ACOE do ano.. o Venres Meigo!! Encontraremos varias actividades na campaña, pero entre todas as resaltan os descontos que farán os comercios participantes e asociados a ACOE e, para que poidades aproveitar ben esta oportunidade, os comercios estarán abertos ata as 22:00h.

Tamén faremos un sorteo semanal no que participarán todos os tíckets das vosas compras que teredes que entregar na oficina de ACOE en todo o mes de novembro.

SORTEO DE 1.000€ – Cómo participar

Este ano sortearemos 1.000 € entre todas as compras que se fagan durante todo o mes, repartidos en 3 sorteos semanais que irán repartidos en premios de 100€ e de 200€.

Os sorteos serán da seguinte maneira:

[list line=»no» style=»style2″]

 

  • SORTEO DIA 15: 2 sorteos de 100 € cos tíckets do 8 o 14 de novembro.
  • SORTEO DIA 22: 2 sorteos de 100 € cos tíckets do 15 o 21 de novembro.
  • SORTEO DIA 29: 2 sorteos de 100 € cos tíckets do 22 o 28 de novembro e tamén 2 sorteos de 200 € cos tíckets do 08 o 29 de novembro.

[/list]

Lembrade que os tíckets teñen que poñer nome, apelido e un nº de teléfono de contacto.

Podedes solicitar a copia do tícket de compra nos comercios asociados a ACOE para que un deles o poidades entregar para participar nos sorteos e outro para quedarse eles con el solicitar garantías ou devolucións.

Para participar debedes depositar os tíckets de compra na oficina da ACOE (no caso de estar pechada a oficina, pódense deixar os tíckets por debaixo da porta). Tamén podedes depositalos na urna do comercio  se dispón dela.

Actividades de dinamización

Durante a tarde do día 29 levaranse a cabo distintas accións e actividades para animar as rúas:

[list line=»no» style=»style2″]

  • Peche das rúas Ulla, Calvo Sotelo e Justo Martínez.
  • Saída das mascotas da ACOE repartindo globos.
  • Jaimas de algúns comercios nas rúa Calvo Sotelo.
  • Chocolate e actividades populares na rúa.

[/list]

Por cada compra os comercios repartiranvos uns tíckets que se poderán canxear por un chocolate de balde e unha entrada para os xogos populares que poderedes desfrutar de 17:00 a 22:00h

Animádevos a participar para apoiar a campaña e os comercios !!

 



Para os comerciantes
participantes deixámosvos aquí o deseño dos carteis especiais para colocar os descontos nas vosas tendas, solamente tendes poñer desconto ou prezo desexado:

Tamaño EtiquetasDescargar Etiquetas Desconto

Tamaño EtiquetasDescargar Etiquetas Prezo

Tamaño FolioDescargar Cartel Desconto

Tamaño FolioDescargar Cartel Prezo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies