Campaña Venres Meigo de ACOE

Campaña Venres Meigo de ACOE

O Venres Meigo xa está aquí !!

Este ano 2015 vamos a facer unha gran Campaña o 27 de novembro.. Venres Meigo !!
Entre todas as actividades resaltan os descontos que farán os comercios participantes e asociados a ACOE.

Dende un 20 % de desconto nos seus produtos seleccionados !!!

Tamén faremos un sorteo no que participarán todos os que teñan a tarxeta de puntos AEstradaPlus. O gañador dispoñerá de 500,00 € para gastar en 12 comercios seleccionados de forma aleatoria. Tamén levará unha cámara para gravar toda a aventura.
O concursante se consigue gastar os 500€ xustos, levará as compras realizadas durante dito concurso.
En caso de non conseguilo, os 500€ quedarán en fondos para unha próxima campaña.

acoe4

Esta semana, por cada compra os comercios repartiranvos uns tíckets que se poderán canxear por un chocolate ou unha queimada de balde que haberá na praza do concello sobre as 21:00 horas !!

Estes comercios diferenciaranse en que terán unha escoba de meiga no seu escaparate e os carteis do desconto terán un deseño unificado.

Sobre as 19:30 horas terá lugar un pasarúas de meigas organizado por Sondodance, o ximnasio Absolute e a escola local de patinaxe. Esta actividade comezará na Porta do Sol e avanzará pola rúa Ulla e Calvo Sotelo. O espectáculo rematará na praza do Concello, donde farán un baile final.

Animádevos a participar para apoiar a campaña e os comercios !

Bases do Concurso

Para os comerciantes participantes deixamosvos aquí o deseño dos carteis especiais para colocar os descontos nas vosas tendas, solamente tendes poñer desconto ou prezo desexado:

Descargar Etiquetas Desconto

Descargar Etiquetas Prezo