Festa Samaín 2021

APRAZADA !!

Con motivo do día de Samaín dende ACOE decidimos celebrar un evento para dita data na cal os mais cativos (e os que non o son tanto), gozan ca decoración e os disfraces desta temática.

Celebrarémolo o 29 de novembro de 2021 na Praza do Concello con un Taller de Manualidades para os mais cativos no que poderán gozar decorando unha caixa especial de temática Samaín. Esta actividade dará comezo as 17 horas e terá unha duración aproximada de 1 hora e media.

Este taller será dirixido polo comercio asociado “Arte nas túas mans

Por motivos de organización, tan só poderán participar 30 nenos e entrarán por orde de chegada.

“OS DIVERTIDOS ESPÍRITOS DO SAMAÍN”

A continuación, sobre as 18:30 horas, teremos o espectáculo infantil de animación: “Os divertidos espíritos de Samaín” da compañía Barafunda. OS nenos e nenas gozaran deste divertido espectáculo de movemento ambientado nas historias da noite do Samaín.

Todo isto levarase acabo sempre e cando a meteoroloxía nolo permita. En caso de choiva verémonos obrigados a suspender tódalas actividades programadas e posporanse para outra campaña, previsiblemente o para o venres meigo.