Dende o venres día 20 de agosto ata o domingo 22 celebraremos o Mercado de verán na Praza do Concello.
Nel teremos máis de 40 postos de comercios e artesanía, 10 actuacións en vivo, servizo de cafetería e ruleta da sorte con 9.000 € en vales e agasallos cas túas compras.
Os horarios de apertura serán:
• Venres – de 10 a 14 h. e de 17 a 21 h.
• Sábado – de 10 a 14 h. e de 17 a 21 h.
• Domingo – de 11 a 14:30 h. e de 17 a 21 h.
Non o perdas esta fin de semana na praza do concello de A Estrada, agardámoste.