Segunda parte – Campaña Vibra co Comercio 2024 de ACOE

Segunda parte  – Campaña Vibra co Comercio 2024 de ACOE

Seguimos ca segunda parte da campaña  “Vibra co Comercio” que será do luns 01 de xullo ata o domingo 14 de xuño de 2024.

Nesta segunda parte teremos un sorteo de 2 bonos para o festival de Morriña Fest onde estarán artistas como Nicki Nicole, Juan Magán, Aitana, Lola Indigo e Iñigo Quintero entre outros.

Como participar?

Para entrar no sorteo só hai que enviar un tícket de compra dun comercio asociado superior a 10 € por WhatsApp ao número 613 885 082. Por cada 10 € conseguirase unha participación.

Poderedes enviar os tíckets dende o 01 de xullo de 2024 ata o 14 de xullo de 2024 debendo realizarse a compra no mesmo período.

Cando se celebran os sorteos?

O luns día 15 de xullo de 2024 realizarase o sorteo coñecendo así o gañador ou gañadora dos dous bonos.

Estamos no verán e queremos que VIBREDES CO COMERCIO indo de festival !!

Moita sorte cas vosas compras e esperemos que as poidades desfrutar no MORRIÑA FEST !!