Gañadora do concurso de 500€ en compras

Gañadora do concurso de 500€ en compras

Rocío Constenla foi a agraciada para participar e gañar o concurso da ACOE no que tiña 30 minutos para gastar 500 euros en unha docena de tendas, elixidas por sorteo.

A súa técnica foi empezar as compras polos establecementos mais aloxados do inicio, Óptica Novavisión e acabalas na confitería La Milagrosa, e deixar en cada tenda sobre 30 euros. Na práctica, correr ata a óptica facíase demasiado, así que parou na zapatería  Moksín y electrodomésticos Edelec.
Un bo botín que inclúe desde marcos de fotos a mochilas, libros infantís e roupa, entre outros artigos. Rocío comprou como una auténtica Mamá Noel: «Pensei en todos menos en min, que solo me comprei as pantuflas. Aínda que a verdade, non daba moito tempo a pensar».

Rocío chegou á última tenda con 7 minutos de marxe: así que fixo números, porque tiña que gastar exactamente 500 euros. Logo douse conta que fora moi aforradora, para evitar superar a cifra: quedábanlle 114,5 euros. Pasteis, tartas y bombóns cubriron a cantidade: unha golosa celebración para compartir con familiares e amigos unha boa pero esgotadora experiencia de compras á carreira.

Toda aventura foi emitida con retransmisións en directo pola TVG no programa Boas Tardes. Aquí vos deixamos o vídeo que subimos ao noso canal de Youtube.