ACOE presenta as súas mascotas

ACOE presenta as súas mascotas

A Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) dou a coñecer os nomes das súas novas mascotas: un rato, unha abella e un gato.

Os padriños destes novos personaxes, que estarán presentes en todas as campañas do colectivo, foron dous nenos. Lucas Álvarez escolleu o nome para Racoe y María Victoria Tarrío Pampín bautizou a Estradín y Plusiña.

Unha abella, un gato e un rato. Foron os tres animais escollidos polo comercio de proximidade do municipio para animar ós veciños a realizar súas compras na rede de establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE). Aínda que dende agora estarán presentes en todas as campañas que promova a asociación, estes personaxes saíron ás calles de A Estrada sen nome. Os nenos encargáronse de bautizalos.

Coincidindo coa campaña da Volta ao Cole, a asociación entregou tarxetas ós máis pequenos para invitalos a que suxerisen nomes para estas tres mascotas. Tras valorar todas as propostas recibidas, o colectivo dou a coñecer os nomes escollidos. O rato chamarase Racoe e seu «padriño» resultou ser o neno Lucas Álvarez Prieto, de Pontevedra. O gato e a abella levarán os nomes propostos por unha nena de A Estrada. María Victoria Tarrío Pampín convertese así na «madriña» de Estradín -o nome que escolleu para el gato– e de Plusiña, o apelativo suxerido para la abella. ACOE entregou a estes nenos tarxetas regalo como premio pola súa colaboración.img-20161015-wa0012

Racoe, Estradín y Plusiña terán agora o cometido de deixarse ver polas calles de A Estrada para que todos os veciños, pequenos e maiores, os coñezan e asocien súa presencia como unha invitación a comprar na vila.

Fonte: Faro de Vigo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies