Campaña Venres Meigo 2016 de ACOE

Campaña Venres Meigo 2016 de ACOE

Campaña Venres Meigo 2016

Este ano 2016 repetimos a gran Campaña o 25 de novembro.. Venres Meigo !!

Encontraremos varias actividades na campaña, pero entre todas as resaltan os descontos que farán os comercios participantes e asociados a ACOE.

Dende un 20 % de desconto nos seus produtos seleccionados !!!

Tamén faremos un sorteo no que participarán todos os que teñan a tarxeta de puntos AEstradaPlus. O gañador dispoñerá de 500,00 € para gastar en 12 comercios seleccionados de forma aleatoria.

O concursante se consigue gastar os 500€ xustos, levará as compras realizadas durante dito concurso.

En caso de non conseguilo, os 500€ quedarán en fondos para unha próxima campaña.

BASES DO CONCURSO

Tamén poderedes sacarvos fotos coas nosas mascotas: O rato Racoe, a abella Plusiña e o gato Estradín.

Por cada compra os comercios repartiranvos uns tíckets que se poderán canxear por un chocolate de balde que haberá na praza do concello sobre as 19:00 horas !!

Estes comercios diferenciaranse en que terán unha escoba de meiga no seu escaparate e os carteis do desconto terán un deseño unificado.

Sobre as 18:30 horas terá lugar un pasarúas de meigas organizado por Sondodance, o ximnasio Absolute.

Para os comerciantes participantes deixamosvos aquí o deseño dos carteis especiais para colocar os descontos nas vosas tendas, solamente tendes poñer desconto ou prezo desexado:

Descargar Etiquetas Desconto

Descargar Etiquetas Prezo


Descargar Cartel Desconto Tamaño Folio

Descargar Cartel Prezo Tamaño Folio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies