Convenio coa Escola Municipal de Artes Escénicas

Convenio coa Escola Municipal de Artes Escénicas

A Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) e a Escola Municipal de Artes Escénicas firmaron onte un convenio de colaboración en virtude do cal os socios e familiares directos dos integrantes da ACOE poderán beneficiarse dun 30% de desconto no pago do importe da matrícula deste centro teatral. O acordo foi rubricado polo presidente do colectivo, Alfredo González, e o edil estradense de Cultura, Juan Constenla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *