En que consiste?
Cos bonos activa comercio preténdese incentivala compra de bens no
comercio de proximidade.
A quen vai dirixido?
1- Os Comerciantes: Os comerciantes que o desexen deben acceder á web www.bonosactivacomercio.gal e completalo seu rexistro antes do 15 de maio. Unha vez rexistrados, se aínda non o recibiron, recibirán a sinalización para colocar no seu comercio, en lugar visible, indicando que están adscritos á promoción.
2- Consumidores: Os consumidores poderán rexistrarse no programa a partir do 3 de maio e ata o 31 de decembro. O seu bono terá unha validez de 3 meses
3- Unha vez rexistrados, ambos, comerciantes e consumidores deben descargala app “bonos activa comercio” en Google Play o Play Store. Para aplicalo desconto o consumidor deberá mostralo código QR da aplicación ó comerciante, que deberá introducilo na súa app para que se realice o desconto.
Prazo rexistro.
1- Para comerciantes do 15 de abril ao 15 de maio de 2021.
2- Para consumidores do 3 de maio o 31 de decembro de 2021. Cunha validez de 3 meses desde que se faga a inscrición.
Contía e troco da axuda
1- Para consumidores: cada consumidor dispoñerá dun bono de 30€, dos cales se trocarán 5€ en cada compra de 30 a 50€ o 10€ en cada compra superior a 50€ ata que se agote o saldo do mesmo.
1- Para comerciantes: cada empresa (entendida como CIF) só poderá obter un máximo de 5.000€ en concepto de pago con bonos.
ENLACES DE INTERÉS
Para rexistrarse acceder a este ENLACE
DOG publicado onte pola Xunta de Galicia – ENLACE
Guía Bonos Activa Comercio ENLACE
Preguntas frecuentes sobre os Bonos – ENLACE
WEBINAR sobre cómo rexistrarse e cómo ulitizar a APP – ENLACE
Grupos e epígrafes do IAE para rexistrarse – ENLACE