Outro ano máis, estaremos despedindo o ano e dándolle a benvida ao próximo con un motón de actividades gracias a Campaña de Nadal!!
Tras o gran éxito do ano pasado, este ano volverán os sorteos con premios máis grandes!! Non damos máis rodeos, deixámosvos as programadas as seguintes actividades:
SORTEOS 🤞
Por cada compra de 20€ realizada dende o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro, conseguirás unha participación para o sorteo. Deberás realizar unha foto o tícket e envialo por WhatsApp o número 613 885 082 para participar directamente no sorteo.
* En caso de necesitalo, o comerciante terá que prestar axuda para facelo.
** Non se poderá enviar máis de 10 tíckets por establecemento.
Por cada 20€ de compra obteredes unha participación, por exemplo, se o tícket que enviades o WhatsApp é de 62€ sumarían 3 participacións.
Os premios que sortearemos son:
- Un AUDI A1 seminovo
- Unha viaxe valorada en 1.000 €
- Unha Escoba-aspiradora premium de Samsung con autovaciado.
- Un Iphone 14
- Un Portátil Asus Gaming
- Unha Nintendo Switch OLED
- Un Carro da compra valorado en 300 €
- Unha Tarxeta de combustible de 300 €
- Dúas Cestas de nadal valorada cada unha en 600 €
*Tódolos sorteos realizaranse ante notario.
Podedes consultar no seguinte enlace o listado dos premiados e premiadas dos sorteos realizados na campaña.
LUDOTECA INFANTIL 📌
Outro ano máis teremos a Ludoteca para facilitar as vosas compras e facelas con maior tranquilidade, podendo deixar os máis pequenos disfrutando dun espazo no que estarán vixiados por dúas monitoras, con decenas de xogos e tres inchables.
Este ano a ludoteca trasládase a segundo andar do Novo Mercado.
O custo da entrada para 1 hora será de 10 € pero se presentades un tícket de compra dun comercio asociado dun importe superior a 10 € terán un desconto de 7 € polo que a entrada custaralle 3 €. Ademais, poderán reutilizar o mesmo tícket para obter o desconto e por cada 10 € obterán un desconto, e dicir, se o tícket ten un valor de por exemplo 35 €, poderán obter o desconto 3 veces co mesmo tícket.
Estará dispoñible dende o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro no horario de mañá de 11.00 a 14.00 e de tarde de 16.30 a 20.30. Excepto o 24 e o 31 que pecharase unha hora antes.
Polo que establecemos horarios de acceso:
Pola mañá ás 11.00, 12.00, e 13.00 e pola tarde ás 16:30, 17:30, 18.30 e 19.30.
PARQUE DE NADAL 🎡
Estará situado na Praza da Alameda e o custo das entradas é de 3€, pero cos tíckets, os comercios asociados, repartiranvos un desconto de 1€.
*Para que sexa válido terá que estar cuñado.
O Parque de Nadal estará aberto de 11:00 a 20:30 horas os días 6, 7, 8, 9, 10, 15, 16 e 17 de decembro. Dende o día 22, funcionará continuado ata o 07 de xaneiro sempre que o tempo o permita.
ANIMACIÓN NAS RÚAS ⛄
Temos varias animacións para animas as rúas durante os días de nadal en distintos puntos que son as seguintes:
- De Cotío – 26 de decembro ás 18:30 na Rúa Calvo Sotelo
- Moa Quinteto – 27 de decembro ás 18:30 na Praza do Mercado
- Galega de bailables – 2 de xaneiro ás 18:30 na Praza do Mercado
- Taller de Cántigas populares e de nadal para todos os públicos – 3 de xaneiro ás 18.30 na Rúa Ulla.
Desexámosvos moita sorte e que pasedes unhas boas festas 😀
ACOE – Asociación de Comerciantes de A Estrada