Campaña Samaín 2023 de ACOE

Campaña Samaín 2023 de ACOE

Este ano a realizaremos a Campaña de Samaín que contará cun “Concurso de Cabazas”.

Poderán participar todas as persoas que queiran, independentemente da súa idade. Os participantes terán que entregar as súas cabazas no local de ACOE dende o día 30 outubro ata o 02 de novembro.

As cabazas serán expostas no local de ACOE nas seguintes datas e horarios:

Xoves día 02 – de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00
Venres día 03 – de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas
Sábado día 04 – de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas

O día 04 ás 20:00h levarase a cabo a elección das 3 cabazas gañadoras por parte dun xurado formado por representantes das asociacións.

Haberá 3 premios o 1º de 500€, o 2º de 300€ e o 3º de 100€.

Actividades do martes día 31 pola tarde
O día 31 realizaranse as actividades:

1. Bailes temáticos polas rúas
As distintas escolas de baile do pobo realizarán un baile pola rúa Calvo Sotelo entre as 18 e 19 horas.

2. Truco ou Trato
@s nen@s poderán ir disfrazad@s e entrar nos comercios participantes dicindo “Truco ou Trato” e o comerciante elixirá “Trato” e pechará o trato ofrecéndolle os caramelos.

Aquí podedes ver o listado dos comercios participantes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies