Campaña de Nadal 2024 de ACOE

Campaña de Nadal 2024 de ACOE

Outro ano máis, estaremos despedindo o ano e dándolle a benvida ao próximo con un motón de actividades gracias a Campaña de Nadal!!

Tras o gran éxito do ano pasado, este ano volverán os sorteos con premios máis grandes!! Non damos máis rodeos, deixámosvos as programadas as seguintes actividades:

SORTEOS 🤞

Este ano contaremos cos seguintes premios:

  • Un Dacia Sandero 🚗
  • Unha viaxe valorada en 1.000 €
  • Un Patinete 💻
  • Unha Play Station 5 🎮
  • Unha Tarxeta de combustible de 500 € 💶

A dinámica de participación será a mesma que o ano pasado.

Os clientes deberán enviar por Whatsapp unha foto dos tíckets de compra o mesmo numero do ano pasado, o número 613 885 082. É importante recordarlle os clientes que deben de mandar unha foto perfectamente lexible onde apareza os datos do comercio, o número de tícket, a data e o importe total da compra.

Adxudicarase unha participación por cada 20 € por ticket. Os tíckets no son acumulativos.

Poderase participar cos tickets de compra entre o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro.

* En caso de necesitalo, o comerciante terá que prestar axuda para facelo.
** Non se poderá enviar máis de 10 tíckets de cada establecemento.
*Tódolos sorteos realizaranse ante notario.

LUDOTECA INFANTIL 📌

Volveremos a poñer unha Ludoteca como o ano pasado debido o enorme éxito que tivo e a gran acollida e comentarios que nos chegaron.

Este ano a ludoteca volverá a estar no segundo andar do Novo Mercado.

Estará dispoñible dende o 20 de decembro pola tarde ata o 5 de xaneiropola mañá no horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. Excepto o 24 e o 31 que pecharase unha hora antes.

Este ano entregarémosvos uns vales de entrada gratis para que lles deades aos vosos clientes polas compras realizadas. 
Sen ese vale a entrara por unha hora terá un custo de 10 €.

Como fixemos o ano pasado, os asociados poderedes levar ós vosos fillos/as de forma gratuita sen a necesidade de presentar ningún vale, só tedes que informar a ACOE no teléfono 607 165 928 e facilitarnos o nome do neno ou nena e o nome da persoa que o levará.

ANIMACIÓN NAS RÚAS ⛄

Para dinamizar as rúas durante os días de mais movemento do nadal teremos diversas actuacións en distintos puntos.

As actuacións, o día e hora serán os seguintes:

  • Moa Quinteto – 27 de decembro ás 18:30 na Praza do Mercado
  • Galega de bailables – 2 de xaneiro ás 18:30 na Praza do Mercado
  • Mago David Maestro – 23 e 30 de decembro ás 18:30 na Praza do Mercado e na Rúa Ulla
  • Bola xigante para fotos – 27 de decembro de 17:00 a 20:00 na Praza do Concello

CARTAS OS REIS MAGOS

Volvemos a rescatar esta actividade que xa se fixo en anos anteriores. Repartirémosvos as cartas dos Reis Magos para que lles deades os nenos.

Diante da oficina da ACOE teremos un buzón onde poderán depositar a súa carta dirixida as súas maxestades.

O día 7 escolleremos 3 cartas do buzón e regalarémoslle a eses 3 nen@s o que pediron na carta.

PEGATINAS DO COLEXIO DO FOXO

Outro ano máis colaboramos co colexio do Foxo na súa campaña de divulgación da lingua galega.

Como moitos xa sabedes, estes nenos fan uns debuxos que despois transformamos en pegatinas para que poidades velas como adorno nos agasallos que mercades.

Desexámosvos moita sorte e que pasedes unhas boas festas 😀

ACOE – Asociación de Comerciantes de A Estrada