Este ano volvemos a realizar a Campaña de Samaín que terá de novo un “Concurso de Cabazas”.
Poderán participar todas as persoas que queiran, independentemente da súa idade. Os participantes terán que entregar as súas cabazas no local de ACOE os días 28 e 29 de outubro na oficina da ACOE.
As cabazas serán expostas no local de ACOE os días 30 e 31 de outubro de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.
O día 31 de outubro farase a entrega dos premios as 3 cabazas gañadoras elexidas por parte dun xurado formado por representantes das asociacións locais.
Haberá 3 premios o 1º de 500€, o 2º de 300€ e o 3º de 100€.
Actividades do xoves 31 pola tarde:
1. Truco ou Trato
@s nen@s poderán ir disfrazad@s e entrar nos comercios participantes dicindo “Truco ou Trato” e o comerciante elixirá “Trato” e pechará o trato ofrecéndolle os caramelos.
2. Animación polas rúas
Poderaste encontrar polas rúas a uns personaxes que che farán estremecer de medo !! non o podes perder !!
OUTRAS ACTIVIDADES
Exposición animada
Este ano durante o tempo que dure a exposición poderes desfrutar … ou sufrir … na nosa exposición na que te encontraras moitas sorpresas animadas …
Exposición de debuxos de Samaín nos comercios asociados
Os mais pequenos poderán pasar a coller unha plantilla pola nosa oficina que terán que colorear e decorar para entregar de novo entre o 17 e o 25 de outubro. Estes debuxos exporanse nos escaparates dos comercios asociados durante a duración da campaña.