Chegou o mes de decembro e comezamos ca campaña mais importante do ano!.
Queremos agradecer as túas compras nos comercios asociados con grandes premios !
SORTEOS 🤞
Este ano contaremos cos seguintes premios:
- Un Volkswagen Polo 🚗
- Unha Yamaha X-Max 300 🛵
- Un Lote de viños – Valduero, Maria Manuela e Eduardo Bravo 🍷
- Un Lote de aceite – Cladivim e Aldea Don Gil 🌿
- Dúas Tarxetas de combustible de 500 € 💶
- 25 tarxetas de 100 € cada unha para gastar nun solo comercio elixidos por sorteo.
A dinámica de participación será a mesma que o ano pasado.
Os clientes deberán enviar por Whatsapp unha foto dos tíckets de compra o mesmo numero do ano pasado, o número 613 885 082. É importante recordarlle os clientes que deben de mandar unha foto perfectamente lexible onde apareza os datos do comercio, o número de tícket, a data e o importe total da compra.
Adxudicarase unha participación por cada 20 € por tícket. Os tíckets no son acumulativos.
Poderase participar cos tíckets de compra entre o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro.
* En caso de necesitalo, o comerciante terá que prestar axuda para facelo.
** Non se poderá enviar máis de 10 tíckets de cada establecemento.
*Tódolos sorteos realizaranse ante notario.
LUDOTECA INFANTIL 📌
Volveremos a poñer unha Ludoteca como o ano pasado debido o enorme éxito que tivo e a gran acollida e comentarios que nos chegaron.
Este ano a ludoteca volverá a estar no segundo andar do Novo Mercado.
Estará dispoñible dende o 22 de decembro pola tarde ata o 5 de xaneiro pola mañá no horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. Excepto o 24 e o 31 que pecharase unha hora antes.
Cas compras nos comercios asociados recibiredes un vale para acceder 2 horas gratis a ludoteca.
Sen ese vale a entrada por unha hora terá un custo de 10 €.
PEGATINAS DO COLEXIO DO FOXO
Outro ano máis colaboramos co colexio do Foxo na súa campaña de divulgación da lingua galega.
Como moitos xa sabedes, estes nenos fan uns debuxos que despois transformamos en pegatinas para que poidades velas como adorno nos agasallos que mercades.
Desexámosvos moita sorte e que pasedes unhas boas festas 😀
ACOE – Asociación de Comerciantes de A Estrada
