Preparádevos para uns días terroríficos cheos de novas actividades …
Durante os días 30 e 31 de outubro teremos o noso pobo con un ambiente tenebroso xa que atoparedes os comercios cos escaparedes decorados e ademais cuns debuxos de cabazas realizados polos mais cativos.
Se o voso cativo lle apetece debuxar un, teremos na nosa oficina unhas plantillas para que a leven e a decoren na casa. Tamén poden debuxar o que queiran relacionado co samaín. Despois teredes que traérnolo antes do día 25 (se vos pasade da data pode ser que tamén volos recollamos pero igual non nos da tempo de expoñelos …) e os nenos levarán un agasallo. Despois expoñeremos tódolos debuxos nos escaparates dos comercios asociados.
Dentro da actividades que realizaremos, comezamos con un clasico destas datas para os mais peques:
TRUCO OU TRATO
O dia 31 de outubro, moitos dos nosos comercios asociados, disporán de caramelos para que tódolos nenos QUE VEÑAN DISFRAZADOS poidan entrar a facer un trato…. ou un truco … todo depende do queira o comercio …
CASA DO TERROR
Volveremos a recrear, dentro da oficina da ACOE, unha Casa do terror. Dentro teredes un percorrido de medo pensado para público adulto. Para poder entrar necesitaredes un Vale de entrada que darán os comercios polas compras.
Os menores de 12 anos terán que vir acompañados de un adulto para poder entrar na nosa CASA DO TERRROR !!
Poderedes desfrutar, ou sufrir, esta aventura os días 30 e 31 de outubro dende as 17 ata as 21 horas.
JAIMA FEDORENTA
O día 30 de outubro a partires das 17 horas, e ata esgotar agasallos, atoparedes diante da oficina da ACOE unha jaima con 5 caixas misteriosas dentro das cales debedes encontrar unha peza. Dependendo da atopada poderedes gañar tarxetas de 10, 15 ou 20 € ou outros premios varios. Pero claro, esas caixas teñen sorpresa no seu interior … atréveste a meter a man sen saber o que te atoparas no seu interior … ??? estando en Samaín, non contedes de que sexan bolboretas nin algodón …
Se tes 16 anos ou mais, ou traes unha autorización, poderás participar nesta actividade que estreamos este ano.
DESFILE TERRORÍFICO
O día 31 de outubro as 20 horas realizaremos un peculiar desfile dende a rúa Ulla ata a Farola e volta. Estará cheo de sorpresas que non se che esqueceran en moito tempo …
Ademais, de todo isto colaboramos ca comision de festas de Santo Tomé de Ancorados a cal fara o día 1 de novembro, durante a Festa de Ancorados, un concurso de disfraces. Podedes atopar as bases do mesmo e como apuntarvos no seguinte enlace:
E xa sabedes, se queredes seguir disfrutando de todas estas actividades, non vos olvidedes de mercar no comercio da Estrada para que todo esto poida seguir adiante medrando ano tras ano.

