Outro ano máis queremos agradecer as vosas compras para celebrar o Día da Nai de 2025!!
Sortearemos 5 tarxetas regalo de 50€ e faremos 2 catas de viño de 15 persoas cada unha pensadas para as mamás da casa.
Como participar?
Entre o mercores día 16 de abril e o domingo día 4 de maio do 2025, teredes que enviar foto dos tíckets de compra dos nosos comercios asociados, superiores a 10€, ao número 613 885 082.
(O mesmo número dos sorteos anteriores)
Información importante sobre os tíckets.
En cada tícket obteredes unha participación por cada 10€ de compra. Coma campañas anteriores, os tíckets enviados que non sexan completamente lexibles (co número de tícket, fecha, comercio e prezo) serán eliminados, polo que aconsellamos que enviedes o tícket completo.
Cando se celebran os sorteos?
Os sorteos realizarase o luns 5 de maio de 2025.
Catas de Viño
Faremos 2 catas de viños, pensadas para as mamás, os días 02 e 09 de maio de 2025 con 15 persoas en cada unha.
Para poder participar teredes que presentar tickets de compra por un valor superior a 50 € (nun ou varios tickets) e apuntarvos a dita cata contactando con nós no mesmo numero dos sorteos.
Isto é todo que temos preparado para esta campaña así que, moita sorte a tod@s para os sorteos!!!
Cofinanciado pola Xunta de Galicia
