Tras varios anos de parón, volvemos a retomar a carreira dos 1.000 € da ACOE !!
Serás capaz de realizar compras por valor de 1.000 € exactos por varios comercios do pobo no tempo fixado?
Como participar?
Entre o luns día 09 de xuño e o domingo día 22 de xuño do 2025, teredes que enviar foto dos tíckets de compra dos nosos comercios asociados, superiores a 10€, ao número 613 885 082.
(O mesmo número dos sorteos anteriores)
Información importante sobre os tíckets.
En cada tícket obteredes unha participación por cada 10€ de compra. Coma campañas anteriores, os tíckets enviados que non sexan completamente lexibles (co número de tícket, fecha, comercio e prezo) serán eliminados, polo que aconsellamos que enviedes o tícket completo.
Cando se celebran os sorteos?
Os sorteos realizaranse o luns 23 de xuño de 2025 e nese día contactaremos co participante elixido.
A Carreira
O luns día 30 de xuño de 2025 as 12 horas faremos a carreira.
O funcionamento será o seguinte: Partirase da oficina da ACOE con un listado de 15 comercios asociados, elixidos o azar dentro dos que quixeron participar, nos que se debe de entrar en todos e facer unha compra (non hai que pagalo, solo indicar que o reserven). O importe de tódalas compras de tódolos comercios deben ser 1.000,00 € exactos (sen un céntimo mais nin menos) e todo isto dentro dun tempo máximo de 30 min.
Se se consegue gastar os 1.000 € exactos dentro dos 30 min. tódalas compras feitas serán pagadas pola acoe e se porán a disposición do participante. Se non se conseguen, serán anuladas.
Esperamos os vosos tíckets para entrar no sorteo da persoa participante na carreira !! Moita sorte a tod@s!!
Cofinanciado pola Xunta de Galicia