Campaña “Eu Merco Local” de ACOE

Campaña “Eu Merco Local” de ACOE

Traemos unha nova campaña a través das redes sociais na que necesitamos a vosa axuda !!

Gustaríanos que fagades un vídeo promocional dos nosos asociados e que o colguedes nas redes sociais etiquetándonos. Temos ata 900 € en premios para agradecérvolo !!

Dende ACOE poñemos en marcha unha nova campaña en redes sociais que se chama “Eu Merco Local”. Está pensada para promover as vantaxes de mercar nos comercios do noso pobo coa axuda de quen mellor nos coñece: vos, os clientes.

En que consiste?

Gustaríanos que gravarades un vídeo curto promovendo un ou varios comercios asociados: podedes falar da vosa tenda favorita, dun produto que vos guste, amosar como mercades, recomendar un servizo, etc.

Valoraremos a creatividade e orixinalidade do vídeo, a claridade da mensaxe publicitaria e o impacto da mensaxe e conexión co público.

Os vídeos debedes publicalos nas redes sociais (Facebook, Instagram ou TikTok) dende as vosas contas persoais e debedes de cumprir estes requisitos:

✅ Mencionar ou etiquetar a ACOE
✅ Incluír o hashtag oficial #EuMercoLocal
✅ Facer referencia clara a un ou varios comercios asociados
✅ Ser orixinais, positivos e creativos

Hai premios para os mellores vídeos!

🥇 1º premio: 500 €
🥈 2º premio: 300 €
🥉 3º premio: 100 €

E que prazo hai para publicalos ?

O prazo para que publiquedes os vosos vídeos comeza o luns 7 de xullo e poderanse publicar ata o 31 de xullo de 2025. Canto antes participedes, máis visibilidade teredes.

Cando se saberá quen son os gañadores?

A selección de vídeos realizarase a primeira semana de agosto de 2025 e posteriormente porémonos en contacto cos gañadores e publicarase nas nosas redes sociais.

Cofinanciado pola Xunta de Galicia