Campaña Samaín 2026 da ACOE

Campaña Samaín 2026 da ACOE

A Estrada prepárase para vivir un Samaín de medo da man da ACOE

A Estrada volverá encherse de misterio, sustos e diversión os días 29 e 30 de outubro coa campaña de Samaín organizada pola ACOE. Unha proposta pensada para que pequenos e maiores desfruten destas datas tan especiais, coa participación do comercio local e actividades para todos os gustos. Este ano, ademais, haberá que prepararse para pasar auténtico medo!

🎃 Debuxos de cabazas: a imaxinación tamén dá medo

Os máis pequenos volverán ter protagonismo nesta campaña cos seus debuxos de cabazas, que se expoñerán nos escaparates dos comercios asociados para encher A Estrada de creatividade e ambiente de Samaín.

👻 Como participar?

🎃 Vén buscar a túa plantilla de cabaza.

🖍️ Píntaa e decóraa na casa como máis che guste.

🏪 Tráenola de volta e nós encargarémonos de que luzca nos escaparates do noso comercio local.

E, por traer a túa cabaza, terás un pequeno agasallo! 🎁

👻 Casa do Terror: atréveste a entrar?

Un dos clásicos máis esperados do Samaín regresa á Estrada para facer tremer os máis valentes. A oficina da ACOE transformarase nunha auténtica Casa do Terror, cun percorrido arrepiante pensado para quen queira poñer a proba a súa valentía.

Poderedes desfrutar desta experiencia nos seguintes horarios:

  • Xoves, 29 de outubro: de 17:00 a 21:00 h.
  • Venres, 30 de outubro: de 17:00 a 20:00 h.

Para acceder á Casa do Terror será necesario dispoñer dun vale de entrada, que se poderá conseguir mercando nos comercios asociados participantes.

⚠️ Importante: os menores de 12 anos deberán entrar acompañados dunha persoa adulta.

Atréveste a cruzar a porta? Avisamos: o que hai dentro pode non ser apto para os máis medorentos!.

🧟 Jaima Fedoreta: mete a man se te atreves!

O xoves 29 de outubro a partir das 17:00 h, chega unha das propostas máis inquietantes da campaña: a Jaima Fedoreta. Unha actividade na que haberá que vencer o medo, introducir a man sen saber que se agocha no interior e confiar na sorte.

Porque en Samaín nunca se sabe o que podes atopar… Atréveste a descubrilo?

A actividade estará dispoñible ata esgotar os agasallos.

🍬 Truco ou trato polo comercio local

O venres 30 de outubro, as rúas da Estrada encheranse de pequenos monstros, bruxas e criaturas terroríficas coa actividade de Truco ou Trato.

Os establecementos participantes agardarán polos nenos e nenas para repartir caramelos e contribuír a que o Samaín se viva tamén nos comercios da vila. Así que xa sabedes: preparade os disfraces e percorrede A Estrada na procura de lambetadas!

💀 Desfile Terrorífico: a rúa encherase de medo

E para completar esta xornada terrorífica, o venres 30 de outubro ás 20:00 h terá lugar o Desfile Terrorífico, unha cita para gozar do ambiente máis arrepiante do Samaín e encher as rúas de personaxes saídos dos peores pesadelos.

Un espectáculo para non perder e unha oportunidade perfecta para lucir os vosos disfraces máis espantosos.

🛍️ Vive o Samaín e apoia o comercio da Estrada

Desde a ACOE queremos convidar a toda a veciñanza a participar nas actividades e desfrutar dunha celebración na que o comercio local é tamén protagonista. Os escaparates decorados, os debuxos dos máis pequenos e o ambiente das rúas axudarán a crear unha experiencia especial para toda a familia.

Porque mercar no comercio da Estrada é apostar pola nosa vila, pola súa actividade e por iniciativas que permiten seguir facendo medrar campañas coma esta ano tras ano.

Este Samaín, achégate á Estrada, participa nas actividades e prepárate para pasar medo!

Vas a pasalo de medo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *