CAMPAÑA VOLTA AO COLE 2022 DE ACOE

CAMPAÑA VOLTA AO COLE 2022 DE ACOE

Despois das vacacións… chega a volta ao cole!!
Outro ano máis vamos a facer unha gran Campaña da Volta ao Cole na repartiremos 2.000€ en vales de compra e preparamos as distintas actividades.

Venres día 16 – Sorteo e actividades.

Cas compras nos comercios asociados dende o luns 12 de setembro ata o venres 16 de setembro poderás participar no sorteo de 1.000 € en tarxetas regalo de 30 € e 50 €.

Como participar?

Tedes que gardar os tíckets de cada compra no comercio asociado durante esta semana e presentalo o venres na Praza do Concello de 17 a 20 horas para que vos den as participacións correspondentes.
Lembra que os tíckets teñen que ser mínimo de 10€.

Os sorteos faranse ás 20:30 horas na Praza do Concello. Recordade que teredes que estar presentes para poder gañar calquera dos premios.

Sorteos realizados coa colaboración da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio.

Durante o día 16 pola tarde teremos inchables acuáticos e festa da escuma (se o tempo o permite) xunto a música con un DJ.

Venres día 23 – Sorteo

O segundo e último sorteo, dos outros 1.000€ repartidos en 10 tarxetas de compra de 100 cada un, celebrarase o día 23 no local de ACOE.
Como participar?
Para participar teredes que gardar a copia dos tíckets de compra realizadas DENDE O DÍA 05 ATA O 23 nos comercios asociados cos vosos datos (nome, apelidos e número de teléfono) e depositalo nunha urna que dispoñerán cada comercio.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies