Mercado de Verán de ACOE 2022

Mercado de Verán de ACOE 2022

Onte presentamos a terceira edición do Mercado de Verán, que se celebrará na Praza do Concello e na Alameda Municipal dende o 19 ata o 21 de agosto e contará coa participación de 22 comercios locais!

Leer más

Os postos de venda abrirán os tres días de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, con entrada de balde e descontos en moitos deles. Tamén haberá actuacións musicais e, como novidade, contará con parque infantil con inchables para os máis cativos, ao que se poderá acceder de balde durante unha hora por compras superiores a 10 euros. O horario do paque infantil será de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Ademais, por cada 20 euros de compra participarán nunha ruleta con vales de entre 5 e 200 euros para gastar entre os establecementos participantes.

Os horario das actuación serán:
Venres:
▪ 12:30 – Os lóstregos
▪ 17:00 – Os Bolechas
▪ 20:00 – Supermirafiori
Sábado:
▪ 12:30 – Os Intrépidos do Ulla
▪ 17:00 – Mago
▪ 20:00 – Sk4nder4ni
Domingo:
▪ 12:00 – Decotío Gaiteiros
▪ 17:00 a 21:00 – Taller de maquillaje
▪ 20:00 – Os John Deeres

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies