ACOE firma un convenio con ABANCA

ACOE firma un convenio con ABANCA

ACOE e Abanca sellan un convenio para ofrecer ventaxas financieiras ós comerciantes locais

A directora territorial de Abanca en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, e o presidente da Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE), Alfredo González Otero, firmaron na tarde de onte un convenio financeiro que ofrecerá vantaxes ós socios do colectivo local, fundamentalmente no referido á tramitación de créditos e á activación económica e comercial do municipio.

Este novo acordo subscrito entre banca e empresariado permitirá ós comerciantes adheridos a ACOE acceder a unha amplia oferta financeira con condicións máis favorables que as establecidas para o resto do mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, “leasing” mobiliario, anticipos sen intereses ou sen comisións, avales, liñas de desconto comercial e incluso desfrutar de condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.

A rúbrica deste acordo, celebrada na sede de Abanca en A Estrada, ofrece tamén ós comerciantes a comercialización de produtos específicos da citada entidade financeira, tales como o servicio de financiación no punto de venta (Aplazos) nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venta (TPV) no establecemento, ou sen este sistema, é dicir, a través da web. Precisamente, os asociados, beneficiaranse de tarifas personalizadas á hora de dar de alta e realizar o mantemento dos dispositivos TPV.

Por outra parte, os membros de ACOE tamén poderán beneficiarse das liñas especiais de financiación incluídas no Plan Activamos impulsado por Abanca e pensados para impulsar o emprendimento e as novas inversións, así como a creación de emprego e a mellora da eficiencia enerxética dos establecementos. Tamén poderán acollerse ás liñas de financiación oficial de ICO e Igape, así como ós convenios que a entidade financeira ten subscritos coa sociedade de garantía recíproca Sogargo. Ademais, terán a súa disposición o novo Programa Cero Comisións Abanca mediante o cal a entidade permite os seus clientes eliminar os gastos de mantemento de contas e tarxetas así como os referidos ás transferencias, ingresos de cheques e outras operacións comúns que, habitualmente, se cobran.

 

Fonte: Faro de Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *