Gañadores do concurso de Cabazas 🎃 – Samaín 2022

Gañadores do concurso de Cabazas 🎃 – Samaín 2022

Poñemos un gran peche á campaña de Samaín de 2022 coa entrega de premios do concurso de cabazas que realizamos en Samaín. Foi un concurso de participación libre e no que se repartían 900 euros en tres premios de 500, 300 e 100 euros para as mellores decoracións e orixinalidade.

O luns ás 20.00 horas tivo lugar o acto da entrega de premios, co que se clausurou ademais a exposición, aberta dende o venres no número 2 da rúa Pérez Viondi.

As votacións foron realizadas por representantes de colectivos da Estrada como por exemplo PP, PSOE, Móvete, Hostalaría, Asociación de Mulleres, Fabricantes e Comerciantes do Moble e ACOE.

Parabéns os afortunad@s.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *