Hoxe comeza a ludoteca infantil

Hoxe comeza a ludoteca infantil

Hoxe comeza servizo da ludoteca infantil que prestaremos durante o nadal, onde @s pequen@s poderán disfrutar dun espazo no que estarán vixiados por dúas monitoras, con decenas de xogos e tres inchables.

Quen pode utilizalo?

Tódolos nenos e nenas maiores de 3 anos.

Como se conseguen os descontos?

Por cada compra superior a 20 € no comercio asociado, recibiredes un vale para 1 hora gratis* na ludoteca infantil por parte do comercio. Se non dipoñedes destes descontos, tamén podedes acceder cun custo de 10 €.

Lembrade presentar os vales SELADOS polos comercios para que sexan válidos.

*Poderán acumularse vales ata un máximo de 2 horas seguidas.

Como funciona?

A entrada será polas mañás ás 10, 11, 12 e 13 horas e pola tarde ás 16:30, 17:30, 18:30 e 19:30 horas.

A entrega e recollida d@ nen@ realizarase sempre pola mesma persoa, a que se lle tomarán os datos na entrega.

Só en casos moi excepcionais, se a recollida se realizase por outra persoa, deberán dicilo na entrega identificando correctamente a persoa encargada de realizar la recollida, a cal, deberá mostrar o DNI á recollida d@ niñ@.

Dias de funcionamento

A apertura da ludoteca infantil será hoxe, xoves 22 de decembro, pola tarde de 16:30 a 20:30 horas na Rúa Pérez Viondi nº2 Baixo (antigo local multiprecios A Estrada).


Dende o día 23 de decembro ata o 05 de xaneiro o horario será de mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas.


O día 25 de decembro e o 01 de xaneiro estará pechada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies