Campaña de Nadal 2022 de ACOE

Campaña de Nadal 2022 de ACOE

Outro ano máis, estaremos despedindo o ano e dándolle a benvida ao próximo con un motón de actividades gracias a Campaña de Nadal!!

Este ano, como gran novidade, faremos menos sorteos pero con premios máis grandes!! Temos programadas as seguintes actividades:

SORTEOS 🤞
Por cada compra de 20€ realizada dende o 5 de decembro, deberás realizar una foto o tícket e envialo por WhatsApp o número 613 885 082 para entrar directamente no sorteo.
* En caso de necesitalo, o comerciante terá que prestar axuda para facelo.
** Non se poderá enviar máis de 10 tíckets por establecemento.

Por cada 20€ de compra obteredes unha participación, por exemplo, se o tícket que enviades o WhatsApp é de 62€ sumarían 3 participacións.

Algúns dos premios que están en xogo son:

Campaña de Nadal de ACOE!!

• 𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢𝗦 🤞
Por cada compra de 20€ realizada dende o 5 de decembro, deberás realizar una foto o tícket e envialo por WhatsApp o número 613 885 082 para entrar directamente no sorteo.

Por cada 20€ de compra obteredes unha participación, por exemplo, se o tícket que enviades o WhatsApp é de 62€ sumarían 3 participacións.
Algúns dos premios que están en xogo son:

  • Un coche Renault Clio.
  • Unha moto Peugeot de 125 cc.
  • 1.000 euros para un viaxe.
  • Unha bicicleta de montaña.
  • Un televisor de 55 polgadas
  • Un ordenador portátil Gaming.
  • Unha Play Station 5 edición especial.
  • Un cheque de 300 euros en gasóleo
  • Un patinete eléctrico Aprilia ESR1
  • Un móbil.

Como límite, non poderedes enviar máis de 10 tíckets do mesmo establecemento.

O coche estará exposto no concesionario estradense de Caetano Fórmula Galicia os demais premios expoñeranse na oficina da ACOE, aínda que coas caixas baleiras.


Tódolos sorteos realizaranse ante notario.

• 𝗢 𝗔𝗣𝗔𝗟𝗣𝗔𝗗𝗢𝗥 🎅
Teremos varias actividades para animar as rúas. Entre elas estará “O Apalpador” que percorrerá as rúas os días 23 e 24 de decembro repartindo caramelos. Cancelado por previsión de mal tempo.

• 𝐈𝐍𝐂𝐇𝐀𝐁𝐋𝐄𝐒 ⛄
Haberá inchables decorativos xigantes do nadal na parte central da alameda. Estarán pechados pola noite por seguridade e abertos de día sen horario.

• 𝐌𝐔́𝐒𝐈𝐂𝐀 𝐃𝐎 𝐍𝐀𝐃𝐀𝐋 𝐍𝐀𝐒 𝐑𝐔́𝐀𝐒 🎶
Teremos fío musical con panxoliñas polas rúas para tentar animar as rúas durante toda a temporada de nadal.

PARQUE DE NADAL 🎡
Estará situado na Praza da Alameda.

Entre outros, estarán o «Torito», inchables de Nadal, o «Tirachinas» e Barredora.

O custo das entradas é de 3€, pero cos tíckets, os comercios asociados, repartiranvos un desconto de 1€.
*Para que sexa válido terá que estar cuñado.

O Parque de Nadal estará aberto os días 6, 8, 10, 11, 17 e 18 de decembro.
Dende o día 22, funcionará continuado ata o 10 de xaneiro. Se o tempo o permite, tamén estará aberto os festivos do 25 de decembro, o 1 e o 6 de xaneiro.

LUDOTECA INFANTIL 📌
Esta iniciativa tamén se suma á campaña de nadal para facilitar as vosas compras e facelas con maior tranquilidade, podendo deixar os máis pequenos disfrutando dun espazo no que estarán vixiados por dúas monitoras, con decenas de xogos e tres inchables.

Por cada 20€ de compra, o consumidor recibirá un tícket gratuíto para usar esta ludoteca, que estará no local da Rúa Pérez Viondi nº2 (antigo Multiprecios).

O aforo será de 25 nen@s por hora. Funcionará no horario de mañá de 10.00 a 14.00 e de tarde de 16.30 a 20.30.

Polo que establecemos horarios de acceso:
Pola mañá ás 10.00, 11.00, 12.00 y 13.00, e pola tarde ás 16:30, 17:30, 18.30 e 19.30.
O servizo contempla tamén a posibilidade de acudir con entradas a 10€ a hora.

TARXETAS REGALO 🎁
Temos previsto firmar un acordo con Abanca para poñer a disposición nesta campaña de Nadal tarxetas regalo para agasallar os vosos seres queridos durante estas festas. Entregaranse debidamente presentadas na súa caixa para regalo.
*(pendente de confirmación)

CARROZA DA ACOE 🚛
ACOE participará na cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro cunha carroza en representación do comercio asociado, a carroza será con temática de “Jurassic Park”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies