Venres Meigo 2022 de ACOE

Venres Meigo 2022 de ACOE

O venres 25 de novembro celebraremos a campaña de ACOE do Venres Meigo. En esta campaña encontraremos varias actividades na campaña, pero entre todas as resaltan os descontos que farán os comercios participantes e asociados a ACOE.

Os comercios participantes terán moitos descontos nesta campaña, e para que poidades aproveitar ben esta oportunidade, o venres pola tarde estarán abertos ata as 22:00h.

A parte dos descontos, os comercios participantes daranvos, polas vosas compras superiores a 20€, un vale para a degustación gratuíta de chocolate quente ou de zume. Os chocolates poderedes recollelos no posto que estará nunha haima na Porta do Sol e os zumes noutra na Praza do Mercado de 18.00 a 22.00 horas.

En caso de choiva, trasladaranse ambos ao baixo da ACOE na Farola (antiguo bazar Multiprecios).

En total repartiranse un millar de chocolates e 500 zumes.

Ademais, de 19.00 a 22.00 horas teremos animación polas rúas con pinchadiscos: un na Praza do Mercado e outro na Calvo Sotelo. Tamén sairán á rúa as mascotas da ACOE para repartir caramelos e sacarse fotos con todos vos.

Non o dubidedes e saíde a mercar co mellor prezo no Comercio Local!!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies