Tarxeta Regalo da ACOE

(1 valoración do cliente)

20,00500,00

A tarxeta regalo da acoe e cómoda para usar, doada de conseguir e do importe que queiras.

Elixe o importe que queres cargar na tarxeta regalo de tódolos existentes.

Se queres un importe distinto non dubides en chamarnos para que cho creemos.

Recibirala como máximo en 2/3 días. Se vives no núcleo urbano e probable que ata no mesmo día !!

Descripción

Gracias a tarxeta regalo da ACOE poderás facer un agasallo sen que elixilo sexa un rompedeiro de cabeza.

Todos somos especiais e todos e cada un de nós moi distintos, con moi diversos gustos e necesidades polo que regalando unha Tarxeta Regalo da ACOE sempre acertarás !

Ca nosa tarxeta regalo fas o mellor agasallo posible: Deixarlle escoller o que queira !

A nosa tarxeta regalo dáche tódalas comodidades para poder saber o saldo do que dispós e mais onde fixeches cada gasto con ela. Entrando na web damemisaldo.com poderás consultar toda esta información.

Ca tarxeta regalo da ACOE poderás pagar nos TPV normais dos comercios asociados pasándoa coa banda magnética, sen necesidade de dispositivos adicionais ou programas que poidan ser incompatibles ou non estar dispoñibles. Ademais, case tódolos nosos asociados están dentro do programa da tarxeta regalo polo que poderás comprar case de todo con ela. Podes consultalos clicando aquí.

Non esperes mais e decídete a mercar unha tarxeta regalo da ACOE xa que cha entregaremos con un bonito envoltorio que fará que o teu agasallo sexa mais atractivo e quede gratamente sorprendido.

O envío da tarxeta regalo e completamente GRATIS !!

Queremos que a poidas utilizar o antes posible pero o prazo de envío dependerá da opción escollida de pago e de envío. Co pago por tarxeta poremos rapidamente a preparala para podercha entregar se é posible no mesmo día.

Se nas opcións de envío elixes o Armario Intelixente da ACOE intentaremos deixarcha no mesmo día no Armario para que a recollas cando queiras !!

Se é moi urxente non dubides en chamarnos e pasar pola nosa oficina e entregarémoscha no momento.

Nos envíos no núcleo urbano intentaremos levarcha en man o antes posible. No resto de casos enviarémola por correo postal.

A tarxeta irá sen activar como medida de seguridade. Tan pronto como a recibas terás que chamarnos, mandarnos un mail ou un whatsapp para confirmar a recepción da mesma e poder activala para que a poidas usar.

1 valoración en Tarxeta Regalo da ACOE

  1. CÓDIGO DIGITAL

    O regalo ideal para o nadal.

Engadir unha valoración

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *